Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35721

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento no parque empresarial Sete Pontes.

Aprobada inicialmente polo Pleno Municipal, en sesión ordinaria do 30 de marzo de 2023, a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento do Concello de Vilalba no parque empresarial Sete Pontes, en cumprimento da parte dispositiva do acordo plenario, e do preceptuado polo artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous (2) meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Progreso, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación sometida a información pública, que abarcará todos os documentos integrantes do expediente número 3762/2017 tramitado para o efecto, incluídos un resumo executivo, o estudo ambiental estratéxico e un resumo non técnico do estudo ambiental estratéxico, estará dispoñible no portal de transparencia da sede electrónica do Concello de Vilalba, no cartapacio dixital Planificación e ordenación urbanística e medio ambiental, a través da seguinte ligazón https://vilalba.sedelectronica.es/transparency/8d28df79-e32c-464e-b1f4-a4850740db14/

Durante o período de información pública quedará o expediente ao dispor de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

Vilalba, 9 de maio de 2023

María Elba Veleiro Fernández
Alcaldesa