De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Gregorio Hernández, 2-4, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Advírtese que, de non interpoñeren recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:
– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 20 do mes seguinte á notificación.
– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.
De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
A Coruña, 19 de maio de 2023
Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Acta inf. nº |
NIF |
Empresa |
Concello |
Materia |
Data da resolución |
RL 2012/0225-1 |
I152012000047352 |
U15974686 |
UTE Langosteira |
A Coruña |
Seguridade e saúde |
12.5.2023 |
RL 2013/0354-1 |
I152013000085121 |
76496822H |
Porto do Son |
Seguridade e saúde |
12.5.2023 |
|
RL 2016/0438-1 |
I152016000090411 |
B70389986 |
Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L. |
Culleredo |
Seguridade e saúde |
12.5.2023 |