Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 27 de marzo de 2023, da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición presentado contra a factura 202203322 emitida por servizos sanitarios prestados neste centro.

Mediante esta cédula, e debido a que, intentada a notificación da resolución do recurso de reposición a Mª Olga Rubio Cayotopa, non puido ser atopada no enderezo facilitado pola interesada, comunícase:

Resolución de recurso de reposición por servizos de asistencia sanitaria prestados neste centro:

Referencia 202203322.

Antecedentes:

A Área Sanitaria de Ferrol, comunicou con data do 2 de novembro de 2022 a Mª Olga Rubio Cayotopa a factura 202203322 por servizos sanitarios prestados neste centro. A interesada presenta recurso de reposición con rexistro de entrada do 2 de decembro de 2022. Daquela,

RESOLVO:

Desestimar o recurso de reposición presentado por estar a factura emitida conforme a dereito e resultar a reclamante suxeita obrigada ao pagamento da asistencia sanitaria. Contra esta resolución poderase interpoñer reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda, de acordo co disposto nos artigos 49 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e 226 e 227 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. Esta reclamación interporase no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da presente notificación e dirixirase ao órgano administrativo que ditou o acto. A resolución da reclamación porá fin á vía administrativa.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula, quedando supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboeiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Ferrol, 27 de marzo de 2023

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol