Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2023 Páx. 35096

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación nos meses de xaneiro a abril do ano 2023 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2023

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Primeira
e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia Primeira
e Consellería de Economía, Industria e Innovación nos meses de xaneiro,
febreiro, marzo e abril do ano 2023

Convenio

Data da sinatura

Importe total do convenio

Convenio entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e o Consello Galego de Cámaras, polo que se instrumenta unha encomenda de xestión de colaboración técnica na valoración obxectiva dos proxectos para a súa declaración como iniciativas empresariais prioritarias (Lei 5/2017), como proxectos industriais estratéxicos (Decreto lexislativo 1/2015) e como proxectos de interese autonómico (Lei 1/2021).

9.1.2023

110.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade La Región, S.A., editora do xornal La Región para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

16.3.2023

20.963,86 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade Rías Baixas de Comunicación, S.A., editora do xornal Atlántico para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

16.3.2023

2.620,48 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U., para elaborar e publicar en La Voz de Galicia e outros medios do grupo información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

17.3.2023

148.930,72 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade Faro de Vigo, S.A.U., editora do xornal Faro de Vigo para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

21.3.2023

60.707,83 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade El Progreso de Lugo, S.L., editora do xornal El Progreso para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

21.3.2023

28.825,30 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade EPI Prensa, S.L.U., editora do xornal El Correo Gallego para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

21.3.2023

10.918,67 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade Opinión de La Coruña, S.L., editora do xornal La Opinión A Coruña para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

21.3.2023

5.240,96 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U., editora do xornal Diario de Pontevedra para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

23.3.2023

6.551,20 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia no ano 2023.

24.3.2023

80.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade Editorial La Capital, S.L., editora do xornal El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

17.4.2023

5.240,96 €

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia e a Fundación de Feiras e Exposicións da Estrada para o financiamento de investimentos na mellora das instalacións do Recinto Feiral da Estrada.

17.4.2023

63.835,11 €

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia e a Fundación de Feiras e Exposicións de Lugo para o financiamento da reparación e mellora da cuberta do pavillón 1 do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

17.4.2023

175.581,00 €

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia e a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense para o financiamento de investimentos de mellora das instalacións do Recinto Feiral de Expourense.

17.4.2023

159.901,91 €

Convenio específico de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para realizar traballos de fin de estudo (grao ou mestrado) no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG).

18.4.2023

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade colaboradora Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a entrega e distribución dos fondos das axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa Comercio.

21.4.2023

60.000,00 €