Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2023 Páx. 35375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 16 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros en expediente de expropiación no concello de Culleredo (proxecto sectorial de incidencia supramunicipal).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio, convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados polo proxecto de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, no concello de Culleredo (proxecto sectorial de incidencia supramunicipal), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias do referido concello.

A Coruña, 16 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Entidade beneficiaria: Lots, Land & Rent, S.L. (Grupo Caamaño).

Denominación da instalación: ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño.

Concello: Culleredo.

Predio

Ref. catastral

Titularidade

Data

Hora

17

15031A00500171

Jorge Mariscal Gantes

30.6.2023

12.30