Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2023 Páx. 35368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dunha parcela pola instalación eléctrica denominada substitución dos apoios B0PEGR78//88-A80 e B0SHO7FV//88-A81 da LMT LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11 e RC, prevista no concello de Dozón (expediente IN407A 2023/246-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida a persoa interesada, notifícaselle a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada substitución dos apoios B0PEGR78//88-A80 e B0SHO7FV//88-A81 da LMT LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11 e RC (expediente IN407A 2023/246-4) e as afeccións da parcela indicada no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 12 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/246-4.

Denominación: substitución dos apoios B0PEGR78//88-A80 e B0SHO7FV//88-A81 da LMT LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11 e RC.

Concello: Dozón.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio (m2)

1

Lavandeira

Labor

36016A032006880000FW

Descoñecido/a

2,00