Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2023 Páx. 35381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Arabías, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial con data do 12 de maio de 2023 resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos sociais relativo ao domicilio social da entidade Arabías, S. Coop. Galega, acordada na reunión da asemblea xeral do 6 de febreiro de 2023. O seu novo domicilio social é rúa Teo, nº 59, 1º, 15704 Santiago de Compostela, provincia da Coruña.

A Coruña, 12 de maio de 2023

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña