Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 35013

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de apoio e reconectador na LMT GON8032508, no concello de Baiona.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante este anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de apoio e reconectador na LMT GON8032508, no concello de Baiona, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, ou representadas por persoa debidamente autorizada, para o cal exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 12 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/472-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación de apoio e reconectador na LMT GON8032508.

Concello: Baiona.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

54003A026000660000HL

Guillade

Descoñecida

16 de xuño de 2023

12.00