Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 35075

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan parcial do SU 22, en Magor, parroquia de Noalla, promovida pola Xunta de Compensación do ámbito (expediente 2019008106).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do día 12 maio de 2023, acordou prestar aprobación inicial á modificación puntual número 1 do Plan parcial do SU 22, en Magor, parroquia de Noalla, promovida pola Xunta de Compensación do ámbito.

De conformidade co establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente a información pública polo prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal) e nas dependencias municipais do Servizo de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, con cita previa no teléfono 986 72 00 75.

Sanxenxo, 19 de maio de 2023

Telmo Martín González
Alcalde presidente