Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 35072

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO de inicio de expediente de declaración de caducidade da licenza 32/2011.

Visto o expediente de concesión da licenza 32/2011, concedida por acordo da Xunta de Goberno Local, do 8 de novembro de 2011, a nome de Fernando Acuña Paris, para obras de construción de vivenda unifamiliar en Mougás, Oia, segundo o proxecto asinado por Manuel Lorenzo Lista, visado polo colexio oficial o 9.2.2011, e documentación complementaria visada o 2.8.2011 e o 26.10.2011.

Considerando que, con efectos de decembro de 2022, Xosé Ramón Prado Costas achega renuncia formal ás súas funcións de dirección de execución da obra (R.E. 1403/2022, do 14.12.2022), e que, de acordo co informe técnico municipal, do 2.2.2023, non consta remate da obra nin solicitude expresa de prorroga dos prazos da licenza.

Tendo en conta a regulación normativa contida no artigo 145 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e 95 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

En uso das facultades que me confire a normativa vixente, artigo 21.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

RESOLVO:

Primeiro. Iniciar expediente de declaración de caducidade da licenza urbanística  38/2011 concedida por Acordo da Xunta de Goberno Local, do 8 de novembro de 2011, por transcurso dos prazos de terminación sen que a edificación estea rematada nin estea prorrogado o prazo, polo tanto, por causa imputable ao interesado.

Segundo. Notificar esta ao titular da licenza, advertíndolle que, transcorridos tres meses sen movemento pola súa parte, se declarará a caducidade definitiva.

Publícase para coñecemento e efectos, visto que non consta enderezo coñecido para os efectos de notificacións, e o expediente completo queda á disposición do interesado nas dependencias municipais.

Oia, 17 de abril de 2023

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa