Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 35078

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Federación Galega de Vela

ANUNCIO de modificación dos estatutos.

Na Asemblea Xeral da Real Federación Galega de Vela, do 22 de decembro de 2022, acordouse a modificación do artigo 39 dos seus estatutos nos seguintes termos:

«Artigo 39

A duración do cargo de presidente será de 4 anos, coincidindo cos anos dos xogos olímpicos de inverno, salvo causas excepcionais autorizadas pola Administración deportiva da Xunta de Galicia, e poderá ser reelixido por máis períodos de igual duración. O cargo será honorífico e en caso extraordinario, cando se estableza una compensación económica xustificada, ten que ser expresamente acordada por maioría absoluta dos asistentes á asemblea xeral e constar de maneira diferenciada no orzamento. En ningún caso a compensación económica poderá ser satisfeita con cargo ás subvenciones públicas que reciba a Federación. O presidente non poderá exercer actividades de técnico, xuíz, árbitro, profesor ou directivo dun club, sexa onerosa ou gratuitamente.

No caso de que, excepcionalmente, quede vacante a presidencia antes de que transcorra o prazo para o que foi elixido, considerarase dimisionaria toda a xunta directiva, e a comisión delegada constituirase en comisión xestora, presidida polo membro de maior idade. Convocará a asemblea xeral e esta acordará unha nova elección do presidente para cubrir a vacante polo tempo que falte ata a terminación do prazo correspondente ao mandato ordinario. Se a vacante se produce por prosperar unha moción de censura, haberá que aterse ao disposto no artigo 43 destes estatutos».

Vigo, 12 de maio de 2023

Manuel Villaverde Fernández
Presidente