Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 34824

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, anunciada pola Orde do 18 de abril de 2023.

Mediante a Orde do 18 de abril de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 80, do 26 de abril, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 88.2 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 6.2, 8 e 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, anunciada pola Orde do 18 de abril de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 80, do 26 de abril), e adxudicarlle á persoa funcionaria de carreira indicada no anexo o posto que tamén se especifica, vista a proposta-informe da persoa titular do centro directivo ao cal está adscrito o posto convocado, sobre a apreciación da súa idoneidade para o desempeño do posto con respecto ás demais persoas solicitantes, e considerando que cumpre cos requisitos e especificacións que para o posto se exixen na relación de postos de traballo e, polo tanto, na convocatoria.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta resolución de convocatoria pública de libre designación no Diario Oficial de Galicia ou, de ser o caso, segundo o establecido na normativa de aplicación na Administración de procedencia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles, se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concendidos. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa o persoal funcionario, así como a daquel en que obteña destino, efectuarán, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2023

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Apelidos e nome: Caulonga Rivadulla, Montserrat.

DNI: **8163**.

Subgrupo: C2.

Corpo/escala: auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código do posto: MA.K10.00.000.15770.010.

Denominación: secretario/a de director/a.

Nivel: 18.

Centro directivo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Localidade: Santiago de Compostela.

* O DNI encóntrase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.