Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2023 Páx. 34598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 25 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai público o recoñecemento da declaración da condición de mineral natural das aguas procedentes da captación denominada O Paraño 101, S-2, no concello de Boborás.

A Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación fai público que o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por delegación de competencias do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, asinou, o 12 de maio de 2023, a resolución pola que se declara a condición de mineral natural das augas procedentes da captación denominada O Paraño 101, S-2, no concello de Boborás, provincia de Ourense, cos seguintes datos:

– Nome: O Paraño 101, S-2.

– Recurso: sección B) auga mineral natural.

– Concello: Boborás.

– Procedencia de extracción: nacional.

– Titular: Aguas do Paraño, S.L.

– Situación: coordenadas UTM (ETRS 89) fuso 29: X=562.668,78 e Y=4.704.924,92.

O que se fai público para coñecemento xeral e en cumprimento da letra b) do artigo 3 do Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano, no relativo a augas nacionais.

En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal de Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

Ourense, 25 de maio de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense