Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2023 Páx. 34584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de dúas parcelas pola instalación eléctrica LMTS GON805, CS Xurdan, reforma CT Tarela-Pazos (36CHP9) e substitución de apoios na LMTA GON805, prevista no concello de Nigrán (expediente IN407 2023/237-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultaren descoñecidas as persoas interesadas, notifícanselles a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTS GON805, CS Xurdan, reforma CT Tarela-Pazos (36CHP9) e substitución de apoios na LMTA GON805 (expediente IN407 2023/237-4) e as afeccións das parcelas indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/237-4.

Denominación: LMTS GON805, CS Xurdan, reforma CT Tarela-Pazos (36CHP9) e substitución de apoios na LMTA GON805.

Concello: Nigrán.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Apoio

Afeccións

m2

ml sub.

m2 sub.

1

Grolos

Rústico

54035A036000310000HT

Descoñecido/a

13,78

5,20

21,30

2

Devesa

Rústico

54035A036000730000HX

Descoñecido/a

1

1,44