Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2023 Páx. 34643

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO polo que se aproba definitivamente a modificación puntual número 1 do Plan parcial do SU 1 do Plan xeral de ordenación municipal, no lugar da Granxa, na parroquia de Dorrón.

O Pleno do Concello de Sanxenxo, en sesión extraordinaria do día 25 de abril de 2023, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual nº 1 do Plan parcial do SU 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, no lugar da Granxa, na parroquia de Dorrón, do municipio de Sanxenxo.

O plan definitivamente aprobado estará ao dispor dos interesados na sede electrónica deste concello [http://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal].

Con carácter específico, publícase o documento denominado Extracto do proceso de avaliación ambiental estratéxica (arquivo 36051_MP01PP_202304_AD_AAE_14EXT.pdf), que contén as medidas adoptadas para o seguimento dos efectos da aplicación do plan no ambiente e o extracto co contido do artigo 82.2 da Lei do solo de Galicia) e que pode consultarse na seguinte ligazón: https://descargas.sanxenxo.es/index.php/s/8os4GKe3pzAiygH

De conformidade co disposto no artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, contra o presente acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente en dereito.

Sanxenxo, 5 de maio de 2023

Telmo Martín González
Alcalde