Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2023 Páx. 34490

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/das no concurso-oposición para o ingreso na categoría de logopeda e terapeuta ocupacional, e se inicia o prazo para a elección de destino.

Mediante a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 15 de marzo de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 60, do 27 de marzo), habilitouse o prazo dun mes para que os/as aspirantes seleccionados/das no proceso selectivo para o ingreso nas categorías de logopeda e terapeuta ocupacional, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 26 de decembro), modificado pola Resolución do 21 de decembro de 2020, presentasen a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos da convocatoria.

A base novena da Resolución do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 26 de decembro), de convocatoria do proceso, dispón que os/as aspirantes que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no presente proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións.

A mesma base establece que, comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/das, as prazas que se lles oferten e o procedemento e prazo para que estes/as manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

En virtude do exposto, comprobada a documentación dos/das aspirantes e finalizados os prazos de impugnación administrativa contra a Resolución do 15 de marzo de 2023, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais das categorías de logopeda e terapeuta ocupacional, relativos á baremación definitiva da fase de concurso, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/das no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de logopeda e terapeuta ocupacional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Aprobar a relación de destinos que se ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as neste proceso, que figura como anexo II da presente resolución.

Terceiro. Abrir un prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación para que os/as aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación

No procedemento de selección de destinos resultarán de aplicación as bases aprobadas pola Resolución do 28 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 5 de xuño).

Os/as aspirantes que, no prazo indicado e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarios/as de ningún polo que optasen, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

Cuarto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as

Logopeda

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

***3633**

Castro Amenedo, Mónica

LI

44,000

8,000

18,000

0,000

70,000

2

***6834**

Mariñas Berdullas, Paula

LI

38,750

8,000

4,400

0,829

51,979

3

***0573**

Vilar López, Salomé

LI

37,500

8,000

6,400

0,050

51,950

4

***3603**

Morán Anllo, María Inmaculada

LI

35,750

8,000

5,053

0,000

48,803

Terapeuta ocupacional

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

***8530**

Lourido Castiñeiras, Diana María

PI

39,875

2,910

15,300

0,000

58,085

2

***6875**

Martínez Gómez, Víctor Manuel

LI

47,875

8,000

20,400

0,000

76,275

3

***7939**

Romero Rodríguez, Nuria

LI

43,125

8,000

24,600

0,000

75,725

4

***4996**

Fontes Mosqueira, Xesús

LI

41,125

8,000

24,900

0,000

74,025

5

***3435**

Fernández Rodríguez, María Rosa

LI

43,875

8,000

18,500

1,000

71,375

6

***2859**

Estévez Abad, Martín

LI

34,250

8,000

28,000

0,000

70,250

7

***7926**

Díaz Seoane, Begoña

LI

41,375

8,000

18,100

1,000

68,475

8

***7339**

Fernández Otero, Beatriz

LI

43,125

8,000

14,600

1,000

66,725

9

***3520**

Roo Tubío, María

LI

41,375

8,000

16,200

0,000

65,575

10

***1912**

Romero Penido, Patricia

LI

40,875

8,000

15,300

1,000

65,175

11

***8906**

Novoa Fente, Martina

LI

42,875

8,000

14,200

0,000

65,075

Acceso: DI: discapacidade xeral; LI: libre; PI: promoción interna.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

ANEXO II

Relación de destinos ofertados

Logopeda

Centro directivo

Centro/s

Quenda

Concello

Núm. prazas

A.S. de Ferrol

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide

-

Ferrol

2

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

-

Pontevedra

1

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

-

Vigo

1

Terapeuta ocupacional

Centro directivo

Centro/s

Quenda

Concello

Núm. prazas

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

-

Ourense

2

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

-

Pontevedra

2

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela

-

Santiago de Compostela

4

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

-

Vigo

3