Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2023 Páx. 34635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 12 de maio de 2023, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia dos requirimentos de emenda das solicitudes de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia dos requirimentos de emenda das solicitudes de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitadas ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o devandito rexistro.

O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 12 de maio de 2023

Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Credencial

expediente

DNI/NIE

971171

53188951W

971229

35608324T

971548

Y1123816G

971561

44447459M

971564

45143673D

971597

39450500A

971767

36089304G

971774

77419326S

971829

77411510L

971837

35676589R