Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2023 Páx. 34207

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1.2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no primeiro cuadrimestre do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2023

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Achega económica

Data de sinatura

Convenio entre o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de actuacións conxuntas en relación cos traballadores afectados de patoloxías derivadas do emprego laboral do amianto

Sen achega económica

22.3.2022

Convenio entre o Ministerio de Sanidade e a Comunidade Autónoma de Galicia da Xunta de Galicia para establecer as bases da provisión dos servizos transfronteirizos de información de sanidade electrónica (CBEHIS) dentro da Ehealth digital service infrastructure (EHDSI)

Sen achega económica

8.4.2022

Convenio para o ano 2022 entre a Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas e a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de drogodependencias e con cargo ao fondo de bens decomisados

Sen achega económica

4.8.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Escuela Superior de Enfermeria Cruz Vermelha Portuguesa-Alto Támega para a realización de prácticas de estudantes de enfermaría nos centros sanitarios da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Sen achega económica

9.12.2022

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Daiichi Sankyo España, S.A.U. para a mellora da calidade de vida das pacientes con cáncer de mama metastásico mediante accións que fomenten o coñecemento da enfermidade e os seus impactos psicolóxicos e sociais

Sen achega económica

23.12.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Ourense para o financiamento da execución das obras da fase I da reprogramación funcional do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, complementario ao convenio de 17 de decembro de 2021

Sen achega económica

28.12.2022

Segunda addenda ao convenio, asinado o 30 de xullo de 2020, entre o Servizo Galego de Saúde e a Axencia Instituto Enerxético de Galicia, para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables cofinanciados con fondos Feder, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020

309.000 €

30.12.2022

Addenda ao convenio, asinado o 5 de xullo de 2021, entre o Servizo Galego de Saúde e a Axencia Instituto Enerxético de Galicia, para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables cofinanciados con fondos Feder, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020

200.000 €

30.12.2022

Convenio de colaboración entre o Consorcio Centro de Investigación Biomédica en Rede, o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Sanidade

Sen achega económica

1.1.2023

Acordo de prórroga ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Meniños para a cesión de uso dunha sala no Centro de Saúde San Paio de Navia (Vigo) para o desenvolvemento do programa de atención prenatal e perinatal para nais en dificultade social

Sen achega económica

18.1.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e máster para a adhesión de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Sen achega económica

23.1.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Salamanca para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e máster universitario

Sen achega económica

27.1.2023

Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e Gadisa Retail, S.L.U., para a convocatoria do V concurso de carteis para escolares relacionado coa doazón e os transplantes

Sen achega económica

1.2.2023

Convenio marco de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, e a Asociación Galega de Anestesia, Reanimación e Terapeútica da Dor para a colaboración técnica, científica e docente no ámbito da doazón e o transplante de órganos, tecidos e células humanas

Sen achega económica

7.2.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Barro para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no Concello de Barro

Sen achega económica

10.2.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Lleida para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e máster universitario

Sen achega económica

13.2.2023

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Profesor Novoa Santos (FPNS) para a xestión da formalización dos contratos Río Hortega e intensificación concedidos ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), a través da FPNS ao abeiro da convocatoria AES 2022

Sen achega económica

13.2.2023

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) para a xestión da formalización dos contratos Río Hortega concedidos ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), a través da Fidis ao abeiro da convocatoria AES 2022

Sen achega económica

13.2.2023

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Biomédica Galicia Sur (FBGS) para a xestión da formalización dos contratos Río Hortega e intensificación concedidos ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), a través da FGBS ao abeiro da convocatoria AES 2022

Sen achega económica

13.2.2023

Acordo de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Consellería de Sanidade para a habilitación dos espazos destinados aos centros de crise 24 horas, para o desenvolvemento do plan España te protege ·III-creación de servizos de atención integral 24 horas a víctimas de violencia sexual, no marco do Plan de recuperación, transformación e resilencia da economía española

Sen achega económica

23.2.2023

Convenio marco de colaboración entre a Fundación Cultura en Vena e o Servizo Galego de Saúde (Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) para a realización de actividades nos centros sanitarios da Área Sanitaria que melloren a calidade de vida dos pacientes e que fomenten as prácticas artísticas no ámbito sanitario

Sen achega económica

24.2.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Residencia Divina Pastora de Vilanova de Arousa para a organización da prestación farmacéutica no Centro Residencia de Maiores Divina Pastora

Sen achega económica

24.2.2023

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñocemento en Saúde, e o Instituto de Saúde Carlos III, O.A., M.P. para o mantemento do Centro Español para os Coidados da Saúde baseados na Evidencia

Sen achega económica

28.2.2023

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a modificación do réxime de libramento das transferencias correntes de financiamento

Sen achega económica

27.3.2023

Convenio entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Instituto de Saúde Carlos III, O.A., M.P., para a mellora do coñecemento da infección polo VIH en Galicia

10.315,50 €

27.3.2023

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Sanidade para a creación da cátedra institucional vida saudable

100.000,00 € 2023: 25.000,00 €

2024: 25.000,00 €

2025: 25.000,00 €

2026: 25.000,00 €

28.3.2023

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde y Otsuka Pharmaceutical, S.A., para a organización da reunión saúde mental na muller: 360º

Sen achega económica

28.3.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Fundación Josep Carreras para a loita contra a leucemia

744.000,00 €

28.3.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Teo para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no Concello de Teo

Sen achega económica

30.3.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de A Gudiña no cal se establecen as bases para a reforma do Centro de Saúde da Gudiña

23.534,50 €

30.3.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Paideia Galiza, para o deseño e edición dunha guía de corresponsabilidade familiar no ámbito do coidado das persoas con demencia

Sen achega económica

31.3.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) para a rehabilitación fisioterapéutica nas enfermidades raras e neurodexenerativas

32.803,00 €

31.3.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Unidade de Tratamento do Alcol e Condutas Adictivas UTACA, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

216.760,00 €

14.4.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

131.885,00 €

14.4.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Viguesa de Alcoholoxía Asvidal, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

233.875,00 €

14.4.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación As Burgas, para o tratamento e rehabilitación do enfermo alcohólico para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

208.062,00 €

14.4.2023

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa terapéutico-educativo Proxecto Home de atención integral de persoas en risco e con trastornos aditivos da Comunidade Autónoma de Galicia e do programa de tratamento e rehabilitación, en réxime de comunidade terapéutica, da dependencia alcohólica

1.066.475,00 €

14.4.2023

Addenda ao convenio de colaboración de actuación conxunta entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Profesor Novoa Santos, para o desenvolvemento do proxecto Sanidade servizo de microbioloxía 4.0, saúde 4.0; microbioloxía cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 no marco dun convenio de colaboración establecido co Ministerio de Ciencia e Innovación e o Servizo Galego de Saúde

479.340,88 €

18.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e César Centro Óptico, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

20.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Varela, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

20.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Multiópticas O Grove, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

20.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Interóptica Sanxenxo, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

20.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Celanova, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

20.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Santa Cruz, S.L., para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

20.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Diéguez, S.L., para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais.

Sen achega económica

20.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Contigo Audiópticas, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

20.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Farmacia Óptica Portela, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

20.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e 4C Centro Óptico, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

20.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Centro Óptico Grela, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

20.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Eugenio Blanco Ópticos, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

20.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Bueu, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

20.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Mira Maruxa Óptica, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

20.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Centro Óptico e Auditivo Vanesa López, S.L., para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

24.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Multiópticas Lalín, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

24.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o establecemento Óptica Mar, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

24.4.2023