Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2023 Páx. 34624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 9 de maio de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial no expediente RP-2022-0009-P, devolta polo servizo de Correos.

O 28 de abril de 2023, o conselleiro de Sanidade ditou a resolución relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial que formulou a persoa reclamante que se sinala no anexo deste anuncio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a devandita resolución, que foi devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Así mesmo, e como queira que segundo o artigo 46 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a publicación da resolución pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, esta cédula limitarase á publicación, como anexo, dunha simple indicación do contido do acto e do lugar onde a persoa interesada poderá comparecer no prazo, para o coñecemento do contido íntegro do devandito acto e a constancia de tal coñecemento.

Lémbrase que a citada resolución pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Contra ela poderá interpor recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece o artigo 14.1, na súa regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O prazo será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida lei xurisdicional.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2023

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº de expediente: RP-2022-0009-P.

Reclamante: 71028335B.

Último enderezo coñecido: avenida de Vigo, núm. 13-8º B, 36003 Pontevedra.

Contido da notificación: resolución da Consellería de Sanidade do 28.4.2023 relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial presentada.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 10 días.