Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 33975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 9 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se anuncia convocatoria para o levantamento de acta complementaria á acta previa á ocupación que tivo lugar o 28 de decembro de 2004 do predio número 1 do concello de Alfoz afectado polo proxecto do parque eólico Álabe-Montemaior Norte (expediente 062-EOL).

Por Resolución do 21 de xaneiro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Innovación, Industria e Comercio (agora Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais) autorizáronse as instalacións electromecánicas, declarouse, en concreto a utilidade pública, e aprobouse o proxecto do parque eólico Álabe-Montemaior Norte.

Por Resolución do 22 de novembro de 2004, da Delegación de Lugo (agora Xefatura Territorial), pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto do parque eólico Álabe-Montemaior Norte. (DOG nº 239, do 10 de decembro). Acta que tivo lugar o 28 de decembro de 2004 no Concello de Alfoz.

O predio nº 1 do proxecto orixinal do parque eólico Álabe-Montemaior-Norte, foi inicialmente tramitado como de titular descoñecido, posteriormente procedeuse á súa subdivisión en diferentes subparcelas con distintos propietarios, o que foi orixe dunha serie de alegacións nas que se manifestou a desconformidade cos metros cadrados de afección que se lles comunicou, pola discrepancia entre as diferentes planimetrías (existe unha diferenza entre o límite entre os concellos de Alfoz e Abadín reflictida na cartografía do Catastro co límite recollido na cartografía da Xunta de Galicia).

Coa finalidade de continuar coa tramitación do expediente de expropiación e debido ao tempo transcorrido, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados, cos que non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan os días 10, 11, 12, 13, 14 de xullo de 2023 no Concello de Alfoz, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento de acta complementaria á acta previa á ocupación.

As afeccións designadas na relación de bens e dereitos son as seguintes:

S.E.: superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

S.P.: servidume de paso que implica a construción de camiños e canalizacions subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

1. Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipos para a construción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

2. Servidume de paso subterráneo que comprende a ocupación do subsolo polas líñeas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

3. Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudicar os camiños e instalacións.

P.E.: superficie de protección eólica, afectada pola siguiente limitación de dominio:

Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 m (construcións, arboredo, postes e outros).

S.V.: servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

O.T.: ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna citación individual, na que se lle sinalará o día e a hora para o levantamento de actas complementarias. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do concello de Abadín e de Alfoz estará exposta a data do levantamento das actas complementaria. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse do sus peritos e un notario, se o estiman oportuno, con gastos pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírtese a todos os interesados afectados de que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo) ata o momento do levantamento das actas complementarias, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

No expediente expropitario Acciona Eólica de Galicia, S.A. asumirá a condición de beneficiaria.

Lugo, 9 de maio de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados para o levantamento das actas previas complementarias
do parque eólico Álabe-Montemaior Norte

Propietario

Datos catastrais

Uso

Lugar

Afeccións (m2)

Nome e apelidos

Pleno dominio

Servidume de paso

Servidume de voo

Outras afeccións

Pol.

Parc.

Zapata

Plataforma

Viarias

Gabias

P.E.

O.T.

6

Francisco Basanta Eiroa

94

118

Monte baixo

Pereiro

132

406

929

118

1.265

13.633

1.815

Amelia Basanta Eiroa

Baselisa Basanta Eiroa

Gutier Xosue Campos Fernández (hdro. Benita Basanta Eiroa)

Juan Carlos Reigosa Basanta (hdro. Remedios Basanta Eiroa)

Rafael Reigosa Basanta (hdro. Remedios Basanta Eiroa)

Francisco Javier Reigosa Basanta (hdro. Remedios Basanta Eiroa)

8

Bautista Campos Pedreira

94

116

Monte baixo

Pereiro

128

282

1.481

98

1.177

12.900

1.765

Cecilio Campos Pedreira

23

Bautista Campos Pedreira

94

101

Monte baixo

Pereiro

249

255

14

189

2.300

279

24

Fiscal da Audiencia Provincial
(Rpte. descoñecido)

94

100

Monte baixo

Pereiro

2.857

198

25

Fiscal da Audiencia Provincial
(Rpte. descoñecido)

94

99

Monte baixo

Pereiro

1.929

83

26

Hdros. Elena de los Ángeles Ramallal

94

98

Monte baixo

Pereiro

156

2.934

28

Irene Ratoeira Basanta

94

96

Monte baixo

Pereiro

4

2.412

Aurora Ratoeira Basanta

39

Edesia Rey Pernas

94

85

Monte baixo

Pereiro

286

68

161

José Pernas Cabanas

Jovita Cabanas Pedreira

Carmen Cabanas Pedreira

Estrella Cabanas Pedreira

41

Josefa Pernas Fernández

94

83

Monte baixo

Pereiro

252

20

221

42

Fiscal da Audiencia Provincial
(Rpte. descoñecido)

94

82

Monte baixo

Pereiro

252

39

311

48

Fiscal da Audiencia Provincial
(Rpte. descoñecido)

94

76

Monte baixo

Pereiro

249

492

65

198

4.571

664

52

Fiscal da Audiencia Provincial
(Rpte. descoñecido)

94

72

Monte baixo

Pereiro

86

1.708

247

467

8.782

1.864

53

Fiscal da Audiencia Provincial
(Rpte. descoñecido)

94

71

Monte baixo

Pereiro

239

1.036

1.473

166

2.132

10.689

1.762

54

Fiscal da Audiencia Provincial
(Rpte. descoñecido

94

70

Monte baixo

Pereiro

157

513

2.145

285

2.300

15.988

2.330

55

Fiscal da Audiencia Provincial
(Rpte. descoñecido

94

69

Monte baixo

Pereiro

704

807

160

722

19.365

1.495

66

Daniel Vizoso Vidal

94

55

Monte baixo

Pereiro

169

54

522

Mercedes Vidal Quende

María Alicia Vidal Quende

José Vidal Cortiñas

68

Mª Placeres Díaz Cortiñas

94

52 e 53

Monte baixo

Pereiro

517

79

1.095

Mª Placeres Díaz Cortiñas

Mª Placeres Díaz Cortiñas

Mª Placeres Díaz Cortiñas

Mª Placeres Díaz Cortiñas

Generoso Fernández Pardeiro

José Mª Díaz Cortiñas

Juan Manuel Díaz Cortiñas

Videlina Val Val

Mª Luz Quende García

Azucena Quende García

José Val Rouco

Carmen Val Rouco

Basilio Val Rouco

Josefa Val Rouco

Inés Val Rouco

Mª Delia Val Rouco

Emerita Val Seijas

José Manuel Rivas Martínez

75

Jovita Cabanas Pedreira

94

45 e 46

Monte baixo

Pereiro

364

140

10.470

597

76

Manuel Vivero García

94

44 e 45

Monte baixo

Pereiro

122

258

389

77

1.133

9.015

1.024

Mª José García Villabrille

José Manuel García Villabrille

Justa Gil García

Remedios Gil García

96

Aurora Ratoeira Basanta

94

24 e 25

Monte baixo

Pereiro

132

414

370

37

1.259

8.570

1.060

Nieves Ratoeira Basanta

Juan José Basanta Cortiñas

Manuel Basanta Cortiñas

Cándido Blanco Basanta

Jesús Blanco Basanta

Ángel Basanta García

Amelia Basanta García

José Basanta García

Irene Ratoeira Basanta

Josefa Ratoeira Basanta

Amadeo Blanco Basanta

Luis Basanta Elizo

Mª Teresa Basanta Mata

Ramona Cortiñas López

101

José María Ratoeira Balseiro

94

19 e 20

Monte baixo

Pereiro

24

376

96

7.513

103

Fiscal da Audiencia Provincial
(Rpte. descoñecido)

94

17 e 18

Monte baixo

Pereiro

197

8.201