Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 34144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de dúas parcelas pola instalación eléctrica LMTA, substitución do apoio A18N3Q7B//23 da LMT SDM705 e instalación RC prevista no termo municipal de Vigo (expediente IN407 2023/188-4).

De conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas interesadas a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTA, substitución do apoio A18N3Q7B//23 da LMT SDM705 e instalación RC (expediente IN407 2023/188-4) e as afeccións das parcelas indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/188-4.

Denominación: LMTA, substitución do apoio A18N3Q7B//23 da LMT SDM705 e instalación RC.

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio (m2)

Afeccións

ml aér.

m2 aér.

6

Bembrive

Urbana

7434310NG2773S0001UI

José María Campos Pérez

52,23

46,68

7

Bembrive

Urbana

7434311NG2773S0001HI

Descoñecido/a

25,41

15,70