Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33820

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valdoviño

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación número 2 do estudo de detalle para o desenvolvemento da zona turístico-hoteleira da unidade de actuación número 4 (UA4).

O Pleno do Concello de Valdoviño, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 24 de abril de 2023, aprobou inicialmente a modificación número 2 do estudo de detalle para o desenvolvemento da zona turístico-hoteleira da unidade de actuación número 4 (UA4).

O que se somete a información pública, de acordo co establecido no artigo 193 do Regulamento da Lei do solo de Galicia, co fin de que os interesados, durante o prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio, poidan examinar o expediente, que estará á disposición no Departamento de Urbanismo, e presentar as alegacións que xulguen oportunas.

As licenzas urbanísticas na área afectada quedan en suspensión.

Valdoviño, 10 de maio de 2023

Alberto González Fernández
Alcalde