Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33585

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2023 pola que se aproba e se fai pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico de instalacións, especialidade calefacción, grupo III, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 10 de abril de 2023 (DOG do 20 de abril), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico de instalacións, especialidade calefacción, grupo III, pola quenda de promoción interna. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do Catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela