Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33567

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 31 de maio de 2023 polo que se deixa sen efecto a publicación no Diario Oficial de Galicia número 102 do Anuncio do 22 de maio de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data mediante a que se convoca para a súa provisión, polo procedemento de concurso de méritos, un posto vacante de xefatura de persoal de xestión e servizos.

No Diario Oficial de Galicia número 102, do 31 de maio de 2023, publicouse o Anuncio de 22 de maio de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data mediante a que se convoca para a súa provisión, polo procedemento de concurso de méritos, un posto vacante de xefatura de persoal de xestión e servizos.

Por mor de causas técnicas relacionadas coa publicación das bases íntegras desta convocatoria, debido a que o anuncio das ditas bases estaba previsto publicarse no DOG número 103, do 1 de xuño de 2023, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Deixar sen efecto a publicación no Diario Oficial de Galicia número 102, do 31 de maio de 2023, do Anuncio do 22 de maio de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data mediante a que se convoca para a súa provisión, polo procedemento de concurso de méritos, un posto vacante de xefatura de persoal de xestión e servizos e proceder á publicación do dito anuncio no Diario Oficial de Galicia número 103, do 1 de xuño de 2023.

Ourense, 31 de maio de 2023

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense,
Verín e O Barco de Valdeorras