Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33429

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 52/2023, do 24 de maio, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste, de acordo coas propostas efectuadas polo Sindicato Labrego Galego, a Confederación de Empresarios de Galicia e a Universidade de Vigo,

DISPOÑO:

Un. Que cesen, como membros titulares do Consello Económico e Social, as seguintes persoas:

– Marieta Pastoriza Martínez, en representación do Sindicato Labrego Galego.

– José María Martín Moreno, en representación da Universidade de Vigo.

Dous. Que cesen, como membros suplentes do Consello Económico e Social, as seguintes persoas:

– Ana Eiras Regueira, en representación do Sindicato Labrego Galego.

– Marta Amate López, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

– Jorge Falagán Mota, en representación da Universidade de Vigo.

Santiago de Compostela, vinte e catro de maio de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente