Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 19 de maio de 2023, polo que se aproba o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de trazado para a mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG (Rede autonómica de estradas de Galicia) nas rutas de acceso á cidade de Ourense.

Antecedentes:

Con data do 13 de xaneiro de 2023, publícase no Diario Oficial de Galicia núm. 9 o Anuncio do 30 de decembro de 2022 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na Rede autonómica de estradas de Galicia (RAEG) nas rutas de acceso á cidade de Ourense, de clave OU/22/057.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

En virtude do disposto no artigo 55.6 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia,

RESOLVO:

Publicar o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 19 de maio de 2023, polo que se aproba o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de trazado para a mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG (Rede autonómica de estradas de Galicia) nas rutas de acceso á cidade de Ourense, que se recolle como anexo a esta resolución.

Contra o dito acordo do Consello da Xunta de Galicia, que lle pon fin á vía administrativa, poderá formular un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; sen prexuízo de que, con carácter previo e potestativo, poida formular un recurso de reposición no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de ser un suxeito obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración para a interposición do recurso de reposición deberá empregar o modelo IF321B de recurso en materia de infraestruturas dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/ ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2023

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 19 de maio de 2023,
polo que se aproba o trámite de información pública e o informe
das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de trazado para a mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas
na RAEG (Rede autonómica de estradas de Galicia) nas rutas
de acceso á cidade de Ourense

1º. Aprobar o expediente correspondente aos trámites de información pública e informe das administracións afectadas do proxecto de trazado para mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG (Rede autonómica de estradas de Galicia) nas rutas de acceso á cidade de Ourense, de clave OU/22/057.06, sen modificacións respecto ao trazado sometido a información pública.

2º. Aprobar definitivamente o proxecto de trazado para mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG (Rede autonómica de estradas de Galicia) nas rutas de acceso á cidade de Ourense, de clave OU/22/057.06.

Consonte establece o artigo 23.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os concellos de Barbadás, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Castro Caldelas, Coles, Esgos, Larouco, Laza, Maceda, Ourense, Petín, A Rúa, Verín e Viana do Bolo, en que se asentan as infraestruturas obxecto do proxecto, deberán adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no que se establecen as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo dun ano e, en todo caso, na súa primeira modificación o revisión.

A aprobación definitiva do proxecto de trazado implica a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras, dos depósitos dos materiais sobrantes, dos préstamos necesarios para executalas e para reposición de servizos afectados, previstos no proxecto, así como para a implantación do proxecto e as modificacións deste que, de ser o caso, puidesen aprobarse posteriormente, e a urxencia da ocupación, todo iso para os efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes, segundo o disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, do 28 de xuño.