Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2023 Páx. 32720

III. Outras disposicións

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2023 pola que se dá publicidade aos convenios subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

No artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia o deber de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a ese deber,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (en adiante, APLU) no primeiro cuadrimestre do ano 2023 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANEXO

Título

Obxecto

Achega económica

Data

da sinatura

Entrada en vigor

Convenio de colaboración entre a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a cobranza das liquidacións emitidas pola APLU

Colaboración entre a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a cobranza das liquidacións emitidas pola APLU

0 €

7.2.2023

7.2.2023