Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2023 Páx. 31870

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2023

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2023

Convenios

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Cuarta addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Noia para a execución da actuación de mellora do sistema de abastecemento de Noia, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Aumentar o importe do convenio en 485.800,28 €, ampliar o prazo de vixencia ata o 27.7.2024 e, consecuentemente, reaxustar as anualidades do convenio.

1.560.800,28 €

2.3.2023

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia, Portos de Galicia e o Concello de Burela en relación coas actuacións no dominio público portuario para a execución e mantemento das obras de mellora do sistema de saneamento de Burela. Fase I. Novo colector xeral de Burela. Burela (Lugo). OH327.646.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a entidade pública empresarial Portos de Galicia e o Concello de Burela, para determinar as condicións en que Portos de Galicia autoriza a execución das obras que se definen no proxecto de mellora do sistema de saneamento de Burela. Fase I. Novo colector xeral de Burela. Burela (Lugo), de clave OH.327.646, na parte que se desenvolve no dominio público portuario (no porto de Burela).

Sen custo económico

8.3.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña para a análise piloto de ARPSI pluviais e do efecto do cambio climático nos novos ciclos de desenvolvemento da Directiva europea de inundacións, cofinanciado nun 80 % do gasto elixible pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Plurirrexional de España 2014-2020.

Ampliar un mes, ata o 30.4.2023, o prazo de presentación da documentación acreditativa do cumprimento das cláusulas do convenio e reaxustar a distribución de anualidades ao ritmo de execución das actuacións obxecto do convenio.

135.000,00 €

21.3.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a investigación e avance no modelo de circularidade do ciclo integral da auga en Galicia, no marco do Proxecto Innovaugas 4.0, cofinanciado nun 80 % do gasto elixible pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Plurirrexional de España 2014-2020.

Ampliar un mes, ata o 30.4.2023, o prazo de presentación da documentación acreditativa do cumprimento das cláusulas do convenio, aclarar o xeito en que se deben xustificar as cantidades correspondentes ás horas dedicadas ás actividades obxecto deste convenio do persoal investigador e de apoio da USC e reaxustar a distribución de anualidades ao ritmo de execución das actuacións obxecto do convenio.

338.316,00 €

21.3.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e a Universidade de Vigo para a análise piloto do efecto da presión agroforestal sobre o ecosistema Ribeira-Río, cofinanciado nun 80 % do gasto elixible pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Plurirrexional de España 2014-2020.

Ampliar un mes, ata o 30.4.2023, o prazo de presentación da documentación acreditativa do cumprimento das cláusulas do convenio, aclarar o xeito en que se deben xustificar as cantidades correspondentes ás horas dedicadas ás actividades obxecto deste convenio do persoal investigador e de apoio da Universidade de Vigo e reaxustar a distribución de anualidades ao ritmo de execución das actuacións obxecto do convenio.

121.000,00 €

22.3.2023

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello do Pino para a mellora do saneamento e da depuración no Concello do Pino. Fase I. Concello do Pino (A Coruña), financiado ao 100 % a parte elexible pola Unión Europea no marco do eixo React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Aumentar o importe do convenio en 107.800,17 €, ampliar o prazo de vixencia ata o 31 de decembro de 2024 e, consecuentemente, reaxustar as anualidades do convenio.

2.207.800,17 €

30.3.2023

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Muíños para a execución da obra de mellora de abastecemento de auga a domicilio nos núcleos de poboación de Pazo e Calvelo. Muíños (Ourense).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Muíños que permitan ao Concello acometer e incorporar ao patrimonio público a obra de mellora do abastecemento de auga a domicilio nos núcleos de poboación de Pazo e Calvelo. Muíños (Ourense).

48.100,00 €

10.4.2023

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Augas de Galicia e a Asociación Enxeñería sen Fronteiras Galicia para o proxecto de fortalecemento de capacidades técnicas e operativas para a mellora da xestión dos recursos hídricos en Mozambique (Aqua-Moz Secara 4ª fase).

Establecer as bases para a colaboración no financiamento do proxecto denominado Fortalecemento de capacidades técnicas e operativas para a mellora da xestión dos recursos hídricos en Mozambique (Aqua-Moz Secara 4ª fase).

125.000,00 €

19.4.2023