Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2023 Páx. 31773

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o primeiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda durante o primeiro cuadrimestre do ano 2023, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2023

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de
Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO I

Convenios asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2023

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a asociación Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños-CEMMA, para a asistencia, recuperación e estudo dos réptiles (tartarugas) e mamíferos mariños varados no litoral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Asociación CEMMA para asistencia veterinaria e recuperación dos réptiles, en especial das tartarugas mariñas, e mamíferos mariños varados nos espazos naturais protexidos pertencentes á Rede Natura 2000 de Galicia, así como para a recompilación da información resultante dos varamentos rexistrados nas costas galegas.

17 de xaneiro de 2023

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia (CEIDA) para a realización de actuacións na Rede galega de reservas da biosfera.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o CEIDA para a realización de actuacións de dinamización, sensibilización, divulgación, formativas e de comunicación, así como de educación ambiental e de asesoramento e documentación da Rede galega de reservas da biosfera.

18 de xaneiro de 2023

112.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Administración xeral da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) para o desenvolvemento da campaña Bandeira azul 2023 en Galicia.

O obxecto do presente convenio é o desenvolvemento da campaña Bandeira azul 2023 en Galicia.

18 de xaneiro de 2023

57.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, para promover a accesibilidade e a participación das persoas xordas e xordo-cegas nas accións de difusión e comunicación realizadas pola consellería nos espazos naturais de Galicia.

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia co fin de fomentar a accesibilidade das persoas xordas e xordo-cegas ás accións de difusión, sensibilización e promoción da sustentabilidade do ambiente desenvolvidas pola consellería no seu ámbito de actuación, especialmente as relativas aos espazos naturais protexidos da Comunidade Autónoma galega, impulsando medidas que promovan a igualdade de oportunidades e a non discriminación, así como contar coa participación e o servizo especializado da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia nas accións de comunicación, difusión e similares que realice a consellería, mediante o servizo de intérprete de lingua de signos española e guías-intérpretes para persoas xordo-cegas.

19 de xaneiro de 2023

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Fundación Universidade da Coruña para a organización do 4º Encontro (AUoT) de profesorado da área de urbanística e ordenación do territorio.

Establecer as bases da colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Fundación Universidade da Coruña na organización do 4º Encontro (AUoT) de profesorado da Área de Urbanística e Ordenación do Territorio, que terá lugar na Coruña os días 26 e 27 de xaneiro de 2023, cuxos resultados serán de titularidade compartida por ambas as partes.

23 de xaneiro de 2023

4.966,00 €

Acordo polo que se dispón a achega da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e da Consellería do Medio Rural a favor da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en relación co financiamento do Programa galego de vixilancia e control fronte á avespa asiática (vespa velutina).

Programa de vixilancia e control fronte á avespa asiática (Vespa velutina). É vontade da Xunta de Galicia exercer de forma coordinada e conxunta o plan para a retirada de niños da vespa velutina en todo o territorio galego para 2023.

23 de xaneiro de 2023

175.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Comunidade do monte veciñal en man común Granda, Abelleira e Salgueiros, para a conservación da poboación reprodutora de mazarico real en Galicia.

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a CMATV e a CMVMC do uso da superficie de 9,3 ha da parcela con referencia catastral 27010A204000460000PZ e os labores de mantemento que se realizarán nela e que estarán encamiñados á conservación e mantemento dunha axeitada calidade estrutural do hábitat de nidificación da poboación nidificante de mazarico real.

23 de xaneiro de 2023

5.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e a entidade colaboradora de pesca Clube de pesca río Neira.

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a CMATV e a entidade colaboradora Clube de Pesca Río Neira para a realización de actividades ou investimentos en favor da riqueza piscícola das augas continentais, así como na mellora dos ecosistemas fluviais. Os treitos de río obxecto deste convenio son os coutos de pesca denominados Láncara e Valdriz, no río Neira.

10 de febreiro de 2023

Sen achega económica da consellería

Addenda núm. 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Boborás para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento-, para unha adecuada execución dos compromisos nel establecidos.

13 de febreiro de 2023

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Arbo para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento-, para unha adecuada execución dos compromisos nel establecidos.

16 de febreiro de 2023

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Bande para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento-, para unha adecuada execución dos compromisos nel establecidos.

16 de febreiro de 2023

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda núm. 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Viana do Bolo para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento-, para unha adecuada execución dos compromisos nel establecidos.

16 de febreiro de 2023

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a entidade colaboradora de pesca Asociación deportiva río Ladra

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a CMATV e a entidade colaboradora Asociación Deportiva Río Ladra para a realización de actividades ou investimentos en favor da riqueza piscícola das augas continentais, así como na mellora dos ecosistemas fluviais. O treito de río obxecto deste convenio é o couto de pesca denominado Ladra, no río Ladra.

21 de febreiro de 2023

Sen achega económica da consellería

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Cortegada para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Cortegada, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na urbanización da praza pública no núcleo de Meréns.

10 de marzo de 2023

74.936,27 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Laza para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Laza, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento do contorno da igrexa de San Xoán de Laza, fase I.

10 de marzo de 2023

186.082,70 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Paradela para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Paradela, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes en intervencións brandas sobre os elementos patrimoniais no núcleo tradicional de Pacios.

21 de marzo de 2023

179.265,17 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Pereiro de Aguiar para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Pereiro de Aguiar, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización da contorna do concello.

21 de marzo de 2023

143.104,48 €

Addenda núm. 1 ao acordo de cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño para a realización das obras de humanización da fortaleza de Salvaterra de Miño.

Modificación do contido da cláusula terceira -compromisos da Xunta-, para unha adecuada execución dos compromisos nel establecidos.

22 de marzo de 2023

30.000,00 €

adicionais ao importe do acordo de cooperación.

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Coirós para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Coirós, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización de espazos públicos no núcleo rural histórico-tradicional e común de Casal-Combarro.

27 de marzo de 2023

88.057,04 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a Federación galega de pesca e cásting, para a realización de actividades a favor dos ecosistemas acuáticos e a riqueza piscícola en Galicia para o ano 2023.

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a CMATV e a FGPC a través da organización e celebración de competicións deportivas oficiais de pesca continental, actuacións de formación e a posta en marcha de escolas de río da nova Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia, na Comunidade Autónoma de Galicia.

29 de marzo de 2023

25.000,00 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Mos para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Mos, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na remodelación do contorno da ermida de Santo Eleuterio, en Tameiga.

31 de marzo de 2023

722.878,00 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Rúa para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Rúa, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento do barrio da Estación, fase I, rúas Real, Doutor Vila, Miguel de Cervantes, Benito Fernández e entroncamento coa rúa Silveira.

31 de marzo de 2023

379.598,36 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Porriño para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Porriño, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento do viario asfaltado paralelo á vía férrea nas proximidades do paseo do Louro.

31 de marzo de 2023

315.490,72 €

Addenda núm. 3 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ribeira para a construción do novo auditorio municipal.

Modificación do contido da cláusula segunda -Compromisos da Xunta de Galicia-, para unha adecuada execución das obrigas asumidas.

3 de abril de 2023

200.000,00 €

adicionais á achega inicial da consellería

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de San Cibrao das Viñas para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de San Cibrao das Viñas, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización dunha praza.

3 de abril de 2023

88.344,88 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Asociación para a promoción territorial Montañas do Courel, para realizar accións de educación e sensibilización ambiental e de promoción do turismo de natureza no territorio do xeoparque Montañas do Courel.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a CMATV e o Xeoparque Montañas do Courel para realizar actividades orientadas á educación e sensibilización ambiental co fin de contribuír á concienciación ambiental, e a un mellor coñecemento da Rede Natura 2000 no territorio que ocupa o xeoparque mundial da Unesco Montañas do Courel, a xona de especial conservación (ZEC) e zona de especial protección (ZEPA), favorecendo a implicación social na conservación destas zonas.

4 de abril de 2023

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Caza, para a realización de actividades de divulgación e fomento da actividade cinexética na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a CMATV e a Federación Galega de Caza para o fomento da actividade cinexética sustentable no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a través da organización de actividades para a promoción e divulgación nesta materia.

19 de abril de 2023

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Axencia Galega de Infraestruturas, e a Autoridade Portuaria da Coruña para a redacción do proxecto e execución da obra “estrutura flotante na zona do Parrote do porto da Coruña para a realización de actividades náutico-deportivas.

Establecer e concretar o réxime de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Axencia Galega de Infraestruturas; e a Autoridade Portuaria da Coruña para a execución da redacción do proxecto e execución da obra Estrutura flotante na zona do Parrote do porto da Coruña para a realización de actividades náutico-deportivas.

21 de abril de 2023

Sen achega económica da consellería