Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea D.L. VII e da concesión administrativa que a ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito:
Primeiro. Mediante escrito do 4 de abril de 2023, Vicente Nine Vidal e Manuel Nine Vidal solicitaron autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea D.L. VII.
Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.
Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Pilar Romero Somoza (***5673**) e Ovidio Otero Moroño (***5906**), concesión administrativa e do establecemento que se indica a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: D.L. VII.
Situación:
Cuadrícula nº: 104.
Polígono: E.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 19.10.1954.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: Manuel Nine Vidal (***2489**) e Vicente Nine Vidal (***5514**).
Novos titulares: Pilar Romero Somoza (***5673**) (50 % con carácter ganancial) e Ovidio Otero Moroño (***5906**) (50 % con carácter ganancial).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
– Documento notarial da transmisión ou doazón.
– Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería.
Terceira. Os novos titulares da concesión queda subrogados nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 3 de maio de 2023
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña