Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 25 de maio de 2023 Páx. 31711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA e substitución do apoio 9SP9RBRF//12 da LMTA GON807, no concello de Nigrán.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA e substitución do apoio 9SP9RBRF//12 da LMTA GON807, no concello de Nigrán, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/046-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA e substitución do apoio 9SP9RBRF//12 da LMTA GON807.

Concello: Nigrán.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

54035A075001450000HU

Budes

Emilio Pereiro Merlo

6 de xuño 2023

12.00

2

54035A075003210000HF

Tomadas

Gloria Comesaña Álvarez

6 de xuño 2023

12.00

3

54035A075001500000HW

Tomadas

Pablo Sestelo Troncoso

6 de xuño 2023

12.00

4

54035A075001510000HA

Budes

Antonio Rodríguez Vidal

6 de xuño 2023

12.00