Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 25 de maio de 2023 Páx. 31741

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO polo que se aproba definitivamente o Plan especial de reforma interior do PEI 9 do Plan xeral de ordenación municipal, no lugar de Baltar, na parroquia de Adina.

O Pleno do Concello de Sanxenxo, en sesión extraordinaria do día 3 de maio de 2023, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de reforma interior do PEI 9 do PXOM, no lugar de Baltar, na parroquia de Adina, do municipio de Sanxenxo.

O plan definitivamente aprobado estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (http://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal).

Con carácter específico, publícase o documento denominado Extracto ambiental e medidas de seguimento ambiental (arquivo 36051_PERI_PEI09_202212_AD_AAE_14EXT.pdf), que contén as medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan e o extracto co contido do artigo 82.2 da Lei do solo de Galicia) e que pode consultarse na seguinte ligazón: https://descargas.sanxenxo.es/index.php/s/jZjByTeNJQxg6EE

De conformidade co disposto no artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida interpoñerse calquera outro recurso que se considere máis conveniente ao dereito.

Sanxenxo, 11 de maio de 2023

Telmo Martín González
Alcalde