Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 25 de maio de 2023 Páx. 31452

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2023

Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2023

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da consellería (€)

Acordo polo que se dispón a achega da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e da Consellería do Medio Rural a favor da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en relación ao financiamento do Programa Galego de Vixilancia e Control fronte á avespa asiática (vespa velutina).

Continuar exercendo de forma coordinada e conxunta un plan para a retirada de niños da vespa velutina en todo o territorio galego para 2023 e redobrar esforzos e concentrar os recursos, ofrecendo unha actuación profesional e eficaz, o que supón a asunción das tarefas de vixilancia, control e retirada de niños en todo o territorio galego.

23.1.2023

400.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e a Corporación de Radio e Televisión de Galicia, S.A. (O Agro, Labranza e Ferrado e Medio), 2023.

Establecer as condicións de colaboración técnica e financeira para o desenvolvemento dos espazos O Agro, Labranza, Ferrado e Medio, que emite a Corporación Radio e Televisión de Galicia, á quen lle corresponde o establecemento da liña editorial e a consecuente responsabilidade sobre os contidos emitidos.

23.3.2023

75.000,00 €

Convenio de colaboración para a realización de prácticas académicas externas entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e a Universidade Católica Santa Teresa de Jesús de Ávila.

Realización de prácticas académicas nas instalacións da Consellería do Medio Rural nas áreas de enxeñaría forestal e medio rural.

30.1.2023

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, a Deputación de Ourense e o Concello de Baños de Molgas para adquisición de maquinaria destinada ao mantemento e a conservación das infraestruturas lineais e da contorna agroforestal para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

Dotar o concello da maquinaria necesaria para acometer as tarefas de limpeza e mantemento libre de maleza das infraestruturas lineais e/ou áreas cortalumes de titularidade municipal e xestión da biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa en terreos de titularidade descoñecida ou de titularidade do concello, que non sexan obxecto de actuación de xestión de biomasa no marco do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

15.3.2023

48.333,33 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, a Deputación de Ourense e o Concello do Bolo para adquisición de maquinaria destinada ao mantemento e a conservación das infraestruturas lineais e da contorna agroforestal para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

Dotar o concello da maquinaria necesaria para acometer as tarefas de limpeza e mantemento libre de maleza das infraestruturas lineais e/ou áreas cortalumes de titularidade municipal e gestión da biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa en terreos de titularidade descoñecida ou de titularidade do concello, que non sexan obxecto de actuación de xestión de biomasa no marco do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

15.3.2023

48.333,33 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, a Deputación de Ourense e o Concello de Castro Caldelas para adquisición de maquinaria destinada ao mantemento e a conservación das infraestruturas lineais e da contorna agroforestal para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

Dotar o concello da maquinaria necesaria para acometer as tarefas de limpeza e mantemento libre de maleza das infraestruturas lineais e/ou áreas cortalumes de titularidade municipal e xestión da biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa en terreos de titularidade descoñecida ou de titularidade do concello, que non sexan obxecto de actuación de xestión de biomasa no marco do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

15.3.2023

48.333,33 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, a Deputación de Ourense e o Concello de Entrimo para adquisición de maquinaria destinada ao mantemento e a conservación das infraestruturas lineais e da contorna agroforestal para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

Dotar o concello da maquinaria necesaria para acometer as tarefas de limpeza e mantemento libre de maleza das infraestruturas lineais e/ou áreas cortalumes de titularidade municipal e gestión da biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa en terreos de titularidade descoñecida ou de titularidade do concello, que non sexan obxecto de actuación de xestión de biomasa no marco do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

15.3.2023

48.333,33 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, a Deputación de Ourense e o Concello de Gomesende para adquisición de maquinaria destinada ao mantemento e a conservación das infraestruturas lineais e da contorna agroforestal para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

Dotar o concello da maquinaria necesaria para acometer as tarefas de limpeza e mantemento libre de maleza das infraestruturas lineais e/ou áreas cortalumes de titularidade municipal e xestión da biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa en terreos de titularidade descoñecida ou de titularidade do concello, que non sexan obxecto de actuación de xestión de biomasa no marco do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

15.3.2023

48.333,33 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, a Deputación de Ourense e o Concello de Manzaneda para adquisición de maquinaria destinada ao mantemento e a conservación das infraestruturas lineais e da contorna agroforestal para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

Dotar o concello da maquinaria necesaria para acometer as tarefas de limpeza e mantemento libre de maleza das infraestruturas lineais e/ou áreas cortalumes de titularidade municipal e xestión da biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa en terreos de titularidade descoñecida ou de titularidade do concello, que non sexan obxecto de actuación de xestión de biomasa no marco do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

16.3.2023

48.333,33 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, a Deputación de Ourense e o Concello de Melón para adquisición de maquinaria destinada ao mantemento e a conservación das infraestruturas lineais e da contorna agroforestal para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

Dotar o concello da maquinaria necesaria para acometer as tarefas de limpeza e mantemento libre de maleza das infraestruturas lineais e/ou áreas cortalumes de titularidade municipal e xestión da biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa en terreos de titularidade descoñecida ou de titularidade do concello, que non sexan obxecto de actuación de xestión de biomasa no marco do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

16.3.2023

48.333,33 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, a Deputación de Ourense e o Concello da Merca para adquisición de maquinaria destinada ao mantemento e a conservación das infraestruturas lineais e da contorna agroforestal para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

Dotar o concello da maquinaria necesaria para acometer as tarefas de limpeza e mantemento libre de maleza das infraestruturas lineais e/ou áreas cortalumes de titularidade municipal e xestión da biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa en terreos de titularidade descoñecida ou de titularidade do concello, que non sexan obxecto de actuación de xestión de biomasa no marco do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

15.3.2023

48.333,33 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, a Deputación de Ourense e o Concello de Nogueira de Ramuín para adquisición de maquinaria destinada ao mantemento e a conservación das infraestruturas lineais e da contorna agroforestal para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

Dotar o concello da maquinaria necesaria para acometer as tarefas de limpeza e mantemento libre de maleza das infraestruturas lineais e/ou áreas cortalumes de titularidade municipal e xestión da biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa en terreos de titularidade descoñecida ou de titularidade do concello, que non sexan obxecto de actuación de xestión de biomasa no marco do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

15.3.2023

48.333,33 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, a Deputación de Ourense e o Concello do Pereiro de Aguiar para adquisición de maquinaria destinada ao mantemento e a conservación das infraestruturas lineais e da contorna agroforestal para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

Dotar o concello da maquinaria necesaria para acometer as tarefas de limpeza e mantemento libre de maleza das infraestruturas lineais e/ou áreas cortalumes de titularidade municipal e xestión da biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa en terreos de titularidade descoñecida ou de titularidade do concello, que non sexan obxecto de actuación de xestión de biomasa no marco do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

15.3.2023

48.333,33 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, a Deputación de Ourense e o Concello da Peroxa para adquisición de maquinaria destinada ao mantemento e a conservación das infraestruturas lineais e da contorna agroforestal para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

Dotar o concello da maquinaria necesaria para acometer as tarefas de limpeza e mantemento libre de maleza das infraestruturas lineais e/ou áreas cortalumes de titularidade municipal e xestión da biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa en terreos de titularidade descoñecida ou de titularidade do concello, que non sexan obxecto de actuación de xestión de biomasa no marco do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

15.3.2023

48.333,33 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, a Deputación de Ourense e o Concello de Taboadela para adquisición de maquinaria destinada ao mantemento e a conservación das infraestruturas lineais e da contorna agroforestal para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

Dotar o concello da maquinaria necesaria para acometer as tarefas de limpeza e mantemento libre de maleza das infraestruturas lineais e/ou áreas cortalumes de titularidade municipal e xestión da biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa en terreos de titularidade descoñecida ou de titularidade do concello, que non sexan obxecto de actuación de xestión de biomasa no marco do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

15.3.2023

48.333,33 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, a Deputación de Ourense e o Concello de Vilar de Barrio para adquisición de maquinaria destinada ao mantemento e a conservación das infraestruturas lineais e da contorna agroforestal para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

Dotar o concello da maquinaria necesaria para acometer as tarefas de limpeza e mantemento libre de maleza das infraestruturas lineais e/ou áreas cortalumes de titularidade municipal e xestión da biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa en terreos de titularidade descoñecida ou de titularidade do concello, que non sexan obxecto de actuación de xestión de biomasa no marco do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

15.3.2023

48.333,33 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) para continuar coa execución de determinadas actividades de conservación ex situ dos recursos zooxenéticos autóctonos das razas Ovella Galega, Cabra Galega e Porco Celta, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014_2020.

Establecer as condicións da colaboración entre a Consellería do Medio Rural e Inorde para continuar coa execución de determinadas actividades de conservación ex situ dos recursos zooxenéticos autóctonos de Galicia en perigo de extinción, destinadas ás razas Ovella Galega, Cabra Galega e Porco Celta.

4.1.2023

220.000,00 €

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) para continuar coa execución das actividades de conservación, desenvolvemento e utilización sostible dos recursos zooxenéticos das razas bovinas autóctonas galegas en perigo de extinción, da Ovella Galega, Cabra Galega, Galiña de Mos, e dos seus produtos derivados, fomentando o uso comercial destes, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014_2020.

Establecer as condicións para continuar coa execución das actividades de conservación, desenvolvemento e utilización sostible dos recursos zooxenéticos das razas bovinas autóctonas galegas en perigo de extinción, da Ovella Galega, Cabra Galega, Galiña de Mos, e dos seus produtos derivados, fomentando o uso comercial destes por parte da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga)

2.1.2023

1.244.000,00 €

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Asociación Nacional de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) para continuar coa execución dun Programa para a consolidación e diversificación da raza Rubia Galega, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014_2020.

Establecer as condicións para continuar coa execución dun programa para a consolidación e diversificación xenética da raza Rubia Galega por parte da Asociación Nacional de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga).

2.1.2023

600.000,00 €

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Asociación Pura Raza Cabalo Galego (APRG) para continuar coa execución das actuacións destinadas á posta en valor das aptitudes do Cabalo PRG en actividades deportivas, de exposición e ocio, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014_2020.

Establecer as condicións para continuar coa execución das actuacións destinadas á posta en valor das aptitudes do Cabalo PRG en actividades deportivas, de exposición e ocio por parte da Asociación Pura Raza Cabalo Galego (APRG).

4.1.2023

174.000,00 €

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Asociación de Criadores da Raza Porco Celta (Asoporcel) para continuar coa execución de actividades de recuperación, conservación e fomento da raza porcina Porco Celta, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014_2020.

Establecer as condicións para continuar coa execución de actividades de recuperación, conservación e fomento da raza porcina Porco Celta por parte da Asociación de Criadores da raza Porco Celta (Asoporcel).

2.1.2023

513.000,00 €

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga), para continuar coa execución das actividades de conservación, desenvolvemento e utilización sostible dos recursos zooxenéticos da raza equina Cabalo de Pura Raza Galega, e o fomento e promoción dos seus produtos derivados, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014_2020.

Establecer as condicións para continuar coa execución das actividades de conservación, desenvolvemento e utilización sostible dos recursos zooxenéticos da raza equina Cabalo de Pura Raza Galega, e o fomento e promoción dos seus produtos derivados por parte da Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga).

2.1.2023

243.000, 00 €