Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 24 de maio de 2023 Páx. 31229

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2023, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2023

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2023

Convenio

Achega consellería (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Toén para a universalización dos servizos financeiros nos concellos galegos

Sen achega económica

13.3.2023

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Punxín para a universalización dos servizos financeiros nos concellos galegos

Sen achega económica

13.3.2023

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Beade para a universalización dos servizos financeiros nos concellos galegos

Sen achega económica

14.3.2023

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Castrelo do Val para a universalización dos servizos financeiros nos concellos galegos

Sen achega económica

14.3.2023

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ribas de Sil para a universalización dos servizos financeiros nos concellos galegos

Sen achega económica

14.3.2023