En sesión que tivo lugar o 2 de maio de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de abril do 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre, terá lugar o día 10 de xuño de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, na aula 1 da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2023
José Manuel González González
Presidente do tribunal