Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 24 de maio de 2023 Páx. 31248

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2023, que se incorporan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2023

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2023

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco-Cecopesca) para a promoción e mellora da comercialización das conservas de produtos pesqueiros no ano 2023.

173.785,00 €

3.1.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Organización Interprofesional Pesqueira Interfish-España, para a promoción e a mellora da comercialización da quenlla (Prionace glauca) no ano 2023.

95.166,50 €

4.1.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Fundación Nueva Pescanova, para a organización da Global Sustainable Seafood Galicia Forum en 2023.

96.074,00 €

9.1.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal para a aplicación da Estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027.

1.507.899,00 €

9.1.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte para a aplicación da Estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027.

1.156.297,56 €

9.1.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Costa da Morte para a aplicación da Estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027.

1.399.156,29 €

9.1.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Seo de Fisterra e Ria de Muros-Noia para a aplicación da Estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027.

1.652.889,30 €

9.1.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa para a aplicación da Estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027.

1.301.287,85 €

9.1.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Pontevedra para a aplicación da Estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027.

1.116.425,23 €

9.1.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo-A Guarda para a aplicación da Estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027.

989.558,72 €

9.1.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur para a aplicación da Estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027.

1.076.552,90 €

9.1.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. para a realización dunha serie de programas sobre o sector pesqueiro e, igualmente, a difusión de informacións diarias sobre a actualidade no sector no ano 2023.

100.000,00 €

10.1.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Consello Regulador da D.O.P. Mexillón de Galicia para a promoción e a mellora da comercialización do mexillón certificado D.O.P. no ano 2023.

160.000,00 €

10.1.20223

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, para a promoción e mellora da comercialización dos produtos ecolóxicos do mar no ano 2023.

40.000,00 €

15.2.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P., a través do Instituto de Investigacións Mariñas, para a análise dos datos recollidos pola Unidade Técnica de Pesca de Baixura no programa de monitoreo da frota de baixura e a formación dos técnicos desta unidade nas técnicas empregadas.

96.895,00 €

15.2.2023

Addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o desenvolvemento dun sistema de información de xestión de axudas de biodiversidade e sistemas mariños, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).

280.000,00 €

29.3.2023

Addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento e a sustentabilidade do desenvolvemento evolutivo do proxecto de modernización tecnolóxica das lonxas.

249.723,30 €

5.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Española de Mayoristas, Importadores, Exportadores y Transformadores de Productos de la Pesca y Acuicultura (Conxemar) para a promoción e mellora da comercialización de produtos conxelados da pesca no ano 2023.

200.000,00 €

18.4.2023

Acordo de colaboración entra a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Consellería do Mar para reforzar o persoal de Gardacostas na loita contra o furtivismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

60.000,00 €

19.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña para establecer as condicións de colaboración, co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2023.

111.000,00 €

21.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores para establecer as condicións de colaboración, co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2023.

111.000,00 €

21.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo para establecer as condicións de colaboración, co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2023.

60.000,00 €

21.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra para establecer as condicións de colaboración, co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2023.

111.000,00 €

21.4.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás «O Peirao» para establecer as condicións de colaboración, co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2023.

8.000,00 €

21.4.2023

Addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento de sistemas de información vinculados á xestión pesqueira para a promoción, mellora da comercialización e da trazabilidade dos produtos pesqueiros.

189.131,48 €

28.4.2023