Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 23 de maio de 2023 Páx. 31217

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, atópanse á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. expediente

Referencia catastral

Situación

Titular catastral/DNI

2095/2023

27067A003009630000XE

Polígono 3, parcela 963 ,Faro, Viveiro (Lugo)

Arrizado Rodríguez, Francisco

(***7259**)

Viveiro, 2 de maio de 2022

María Loureiro García
Alcaldesa