No Boletín Oficial da provincia de Ourense, número 299, do 31 de decembro de 2022, e na sede electrónica do Concello publícanse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión dunha praza de limpador/a, persoal laboral fixo, a tempo parcial, polo sistema de concurso, incluída na oferta de emprego de 2022, publicada no BOP número 120, do 27 de maio de 2022, e no DOG número 102, do 30 de maio de 2022.
O prazo para presentar as instancias será de vinte días naturais, contados desde a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal como establecen as bases da convocatoria.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.
Carballeda de Avia, 10 de maio de 2023
O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 2 de xullo de 2019)
Noemí Alonso Cubo
Concelleira delegada de Persoal