Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 22 de maio de 2023 Páx. 31060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 21 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a declaración da condición de mineiromedicinal das augas procedentes da captación denominada Allariz número 104, no termo municipal de Allariz.

A Xefatura Territorial de Ourense fai público que o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por delegación de competencias do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, asinou o 14 de abril de 2023 a resolución pola que se declara a condición mineiromedicinal das augas procedentes da captación denominada Allariz número 104, no termo municipal de Allariz, provincia de Ourense, cos seguintes datos:

– Nome: Allariz número 104.

– Recurso: sección B) auga mineiromedicinal.

– Termo municipal: Allariz.

– Titular: Natur Hotel Spa Allariz, S.A.

– Situación: coordenadas UTM (ETRS 89) fuso 29: X: 598.632,29 e Y: 4.672.035,20.

O que se fai público para coñecemento xeral e en cumprimento do punto 2 do artigo 7 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

Ourense, 21 de abril de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense