De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a entidade interesada que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo director xeral de Política Financeira e Tesouro.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro destes actos deberá efectuarse no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta dirección xeral (Consellería de Facenda e Administración Pública), sita no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de editos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, polo que os prazos se computarán desde esta publicación.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2023
David Cabañó Fernández
Director xeral de Política Financeira e Tesouro
ANEXO
Expediente avais AV/0882-1 e AV/882-2: Resolución da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, do 6 de marzo de 2023.
Interesado: Isidro 1952, S.L.
Acto notificado: resolución pola que se declara a existencia dun crédito a favor da Tesouraría da Comunidade Autónoma contra a entidade mercantil Isidro 1952, S.L., e o inicio do procedemento para a súa reclamación, ao abeiro do disposto no artigo 10 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, que regula a concesión de avais do Igape.