Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 22 de maio de 2023 Páx. 31089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2023 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea J.M. I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea J.M. I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 22 de febreiro de 2023, Juan Carlos Ozores Hermo solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea J.M. I.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, de 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde de 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Daniel Ozores Sánchez (***9776**), da concesión administrativa e do establecemento que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: J.M. I

Situación:

Cuadrícula nº: 125.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 29.2.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Juan Carlos Ozores Fernández (***8000**).

Novo titular: Daniel Ozores Sánchez (***9776**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo de un mes, desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Por afectar a transmisión a un ben que foi obxecto de subvención e que se encontra dentro do período de cinco anos seguintes á data de resolución de pagamento da axuda, no documento público da transmisión o novo propietario deberá subrogarse en todas as obrigas contraídas polo transmitente, e en particular, deixar constancia do importe da axuda concedida, así como non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 56 do Regulamento (CE) nº 1198/2006.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 26 de abril de 2023

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña