Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 22 de maio de 2023 Páx. 31019

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO

Artigo 1. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no primeiro cuadrimestre do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo
no primeiro cuadrimestre do ano 2023

Título do convenio

Obxecto do convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data de
sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Axencia Galega de Infraestruturas, a Federación Galega da Construción e o Instituto Tecnolóxico de Galicia para a implementación, revisión e actualización da base de datos da construción no período 2023-2026.

Establecer as condicións de colaboración entre as partes asinantes, o IGVS, a AXI, a FGC e o ITG, para a integración na BDCG do banco de datos da AXI, así como a súa ampliación, revisión e actualización periódica dos seus prezos e produtos de construción, o que servirá de base para introducir ou modificar partidas ou materiais na citada BDCG.

2023 : 79.557,50 €

2024: 49.912,50 €

2025: 49.912,50 €

2026: 49.912,50 €

18.1.2023

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Consello da Avogacía galega para prestar un servizo de asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda.

Regular a colaboración entre o IGVS e o CAG para os fins de crear os canles de información necesarios para procurar que persoas en situación de desamparo non perdan a súa vivenda habitual ou, no seu caso, poidan collerse aos programas existentes en materia de acceso á vivenda, así como para posibilitar que as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sexan ocupadas ilegalmente saiban como actuar nestas situacións.

2023: 50.000,00 €

1.2.2023

Addenda para a segunda prórroga do convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A. para facilitar a permanencia nas súas vivendas das persoas afectadas por execucións hipotecarias, por desafiuzamentos por impago de rendas e en virtude doutras políticas sociais en materia de vivenda.

Prorrogar a vixencia do Convenio de colaboración subscrito entre o IGVS e Abanca para facilitar a permanencia nas súas vivendas das persoas afectadas por execucións hipotecarias, por desafiuzamentos por impago de rendas e en virtude doutras políticas sociais en materia de vivenda, ata o día 5 de abril de 2024.

2023: 72.000,00 €

22.3.2023

Addenda para a modificación do acordo da Comisión bilateral o 26 do outubro de 2018, relativo á área de rexeneración e renovación urbana núcleo urbano de Quiroga (Lugo). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021.

Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación e de edificación, así como a redistribución do custo e do financiamento inicialmente previstos, sen que supoña ningún incremento dos importes iniciais, na forma que se detalla a continuación: rehabilitación 20+3 =23.

Sen achega

24.3.2023

Addenda para a modificación dos acordos da Comisión bilateral relativos ás áreas de rexeneración e renovación urbanas de Santiago de Compostela Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021.

Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación, sen que supoña ningún incremento dos importes iniciais: 654.

Sen achega

24.3.2023

Convenio entre a Xunta de Galicia e Banca Corporación Bancaria, S.A. para a concesión de avais ao abeiro do Programa avais para a mocidade.

Establecer os termos e condicións da colaboración entre o IGVS e a entidade financeira para o desenvolvemento do programa de avais para a mocidade.

2023: 5.000.0000,00 €

28.4.2023

Convenio entre a Xunta de Galicia e Caixa Rural Galega, Sociedade Cooperativa de crédito limitada galega, para a concesión de avais ao abeiro do Programa avais para a mocidade.

Establecer os termos e condicións da colaboración entre o IGVS e a entidade financeira para o desenvolvemento do programa de avais para a mocidade.

2023: 5.000.0000,00 €

28.4.2023