Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2023 Páx. 30528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 3 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifica aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de Ourense.

Mediante o Acordo do 13 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2023/054-3), o cal foi publicado no DOG do 2 de maio de 2023, realizando ao mesmo tempo a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 3 de maio de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/054-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA, LMTS, CTC e RBT no Cumial e Muíño do Camba.

Concello: Ourense.

Predio

Propietarios

Afeccións

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Ref. catastral

Apoio ou CTC

Servidume de voo

Canaliz. sot.

Sup. ocup. (m2)

Lonx. m.

Sup. ocup. (m2)

Lonx.
m.

Sup. ocup. (m2)

2

San Sellao

Monte alto

Descoñecido

32900A173001510000LR

CTC

15

6

25

3

Serra Coteron

Matogueira

Descoñecido

32900A173003300000LG

D15-3-1

2

4

Rúa Cuartel

Matogueira

Descoñecido

6738502NG9863N0000ZG

D15-3-2

2

2,00

71,00

5

Serra Coteron

Prado/labor

Descoñecido

32900A173002480000LI

10,00

120,00

6

Serra Coteron

Prado/labor

Descoñecido

32900A173002450000LR

29,00

459,00

8

Rúa Cuartel

Prado

Descoñecido

6738510NG9863N0000BG

CTC

15

4

13