Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2023 Páx. 30541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 18 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2021/122-36 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo, para proceder á notificación da resolución ditada nos expedientes instruídos que se relacionan no dito anexo de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta nos ditos expedientes tramitados nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada por si mesma ou a través da persoa que legalmente a represente poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución poderase interpoñer un recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á súa notificación efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición á dita resolución administrativa, desde o día seguinte á súa notificación, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 18 de abril de 2023

Mª José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expedientes: 2021/122-36 e 2021/123-36.

DNI: 46413963D.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 9 de marzo de 2023.

Efectos xurídicos que produce a resolución: establecemento de medida administrativa.