Unha vez rematada a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro) e modificada pola Resolución do 28 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro); visto o Acordo do 14 de marzo de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (DOG núm. 224, do 25 de novembro), polo que se dá publicidade de cinco novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo (DOG núm. 57, do 22 de marzo de 2023); e verificada a concorrencia dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria para estas cinco novas persoas aspirantes, esta consellería, de acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,
DISPÓN:
Primeiro. Nomear persoal funcionario en prácticas do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, as cinco persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro) e modificada pola Resolución do 28 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), e que figuran no anexo ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, así como adxudicarlles como destinos en prácticas os que figuran nel, unha vez realizada a elección de destino en prácticas efectuada consonte a Resolución do 18 de abril de 2023 (DOG núm. 80, do 26 de abril).
O nomeamento terá efectos, segundo establece a base III.1 da convocatoria, desde a data de inicio do período de prácticas regulamentado, segundo a base III.2 da convocatoria, na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 9 de maio de 2023, isto é, o 22 de maio de 2023.
A situación xurídica das persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e nas demais disposicións concordantes.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2023
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro de destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgr. |
Niv. |
311 |
***8588** |
Lis Álvarez, Ruth Belén |
308 |
SAC991000036001023 |
Posto base subgrupo C2 |
SA |
Xefatura Territorial de Pontevedra |
Servizos Periféricos |
Pontevedra |
C2 |
12 |
312 |
***1710** |
Dacruz López, Laura |
340 |
EIC99100015001047 |
Posto base subgrupo C2 |
EM |
Xefatura Territorial da Coruña |
Servizos Periféricos |
Coruña (A) |
C2 |
12 |
313 |
***5729** |
López Mouriño, Patricia |
312 |
SAC991000215001023 |
Posto base subgrupo C2 (Tarxeta Sanitaria) |
SA |
Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria (A Coruña) |
Servizos Periféricos |
Coruña (A) |
C2 |
12 |
314 |
***4359** |
Pérez Trigo, Benjamín |
125 |
FCA291000015001040 |
Auxiliar administrativo/a |
FC |
Delegación da Coruña |
Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos) |
Coruña (A) |
C2 |
12 |
315 |
***8532** |
Mantilla, Martínez, Ada Vanessa |
126 |
FCA291000015001043 |
Auxiliar administrativo/a |
FC |
Delegación da Coruña |
Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos) |
Coruña (A) |
C2 |
12 |