Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2023 Páx. 30545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de extinción do Convenio de Vilar de Pousada, número de elenco 2717589, do concello de Baleira (expediente 21/2022).

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno a xefa territorial.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, nº 70, andar baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co establecido no artigo 44, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 28 de abril de 2023

Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Acto que se notifica

33644701W

Trámite de audiencia