Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2023 Páx. 30558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 28 de marzo de 2023, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación en superficie e do edificio 12.30.EDF.007 (nave de redes), titularidade deste organismo, para o desenvolvemento da actividade de reparación e almacenaxe de redes e lavado de caixas, solicitada pola Confraría de Pescadores Virxe do Monte de Camariñas, no dominio público portuario de Camariñas (código 12-30-18-C-1).

Consta en trámite unha concesión administrativa, solicitada pola Confraría de Pescadores Virxe do Monte de Camariñas, para a ocupación en superficie e do edificio 12.30.EDF.007 (nave de redes), titularidade de Portos de Galicia, co fin de desenvolver a actividade de reparación e almacenaxe de redes e lavado de caixas, de acordo cos investimentos realizados e recollidos no documento técnico Ampliación de instalacións eléctricas de baixa tensión existentes na nave de redes, para a instalación dun túnel de lavado para caixas, situada na rúa Muelle, s/n, porto de Camariñas, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Emilio García Baña (colexiado nº 2065) en novembro de 2021, e a Memoria explicativa e detallada da instalación da máquina de lavado de caixas, de xaneiro de 2022, así como o plano da tramitación autorizada pola Resolución asinada pola presidenta de Portos de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 28 de marzo de 2023

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro