Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2023 Páx. 30102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2023 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato administrativo do servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de mellora da drenaxe na confluencia dos ríos Miñor e Zamáns, en Gondomar, obra con referencia de expediente AUG-2022-0003 e clave do proxecto OH.436.931 (expediente AUG-2022-0008).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Código/s CPV: 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

4. Código/s NUTS do lugar principal de entrega ou de execución dos servizos: ES114 Gondomar (Pontevedra).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de mellora da drenaxe na confluencia dos ríos Miñor e Zamáns, en Gondomar. Gondomar (Pontevedra), obra con referencia de expediente AUG-2022-0003 e clave do proxecto OH.436.931. Referencia de expediente: AUG-2022-0008.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, polo trámite ordinario e contratación non suxeita a regulación harmonizada.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 62.141,55 euros. Importe total: 75.191,28 euros.

8. Valor estimado do contrato: 77.452,00 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas, sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 12 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 3 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e, en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 15 %), metodoloxía proposta sobre a coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución da obra (ponderación 15 %), análise da posible coordinación de actividades empresariais e procedemento previsto para levala a cabo (ponderación 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %) e sistema de seguimento da programación da obra (ponderación 7 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 1 de febreiro de 2023.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 7.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 6.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 14 de febreiro de 2023.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa: Applus Norcontrol, S.L.U.

14.2. NIF: B15044357.

14.3. Enderezo: estrada N-VI, km. 582, 15168 Sada (A Coruña).

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Correo electrónico: info.noroeste@applus.com

14.6. Fax: 981 01 45 50.

14.7. Teléfono: 667 18 66 72.

14.8. Pequena ou mediana empresa: non.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 49.744,31 euros. Importe total: 60.190,62 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 5: promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos; prioridade de investimento 5.2: fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes; obxectivo específico 5.2.1: fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo protección civil; actuación 5.2.1.4: medidas de prevención e xestión das inundacións na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO); operación resto de medidas para a prevención do risco de inundación na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

Por isto, deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado:

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 29 de agosto de 2022.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 3 de febreiro de 2023.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 15 de febreiro de 2023.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 17 de febreiro de 2023.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012;
DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia