Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2023 Páx. 30098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 13 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican actos administrativos ditados no expediente 2022/39/27.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por descoñecer o lugar de notificación, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para notificarlle os actos administrativos ditados no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil e demais normas de aplicación, e que figuran no dito anexo.

O expediente atópase á disposición da dita persoa interesada ou da persoa que a represente, debidamente acreditada, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Xuventude, rolda da Muralla, nº 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderá comparecer para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advírtese que, de non facelo, se terá por practicada a notificación no vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que o acto de resolución poderá ser impugnado ante o xulgado de primeira instancia desta cidade que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, practicada por comparecencia, sen necesidade de presentación de reclamación administrativa previa ante a Consellería de Política Social e Xuventude, segundo o artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Así mesmo, advírtese que desde o día seguinte ao da notificación do acto de comunicación do inicio do trámite de audiencia, practicada por comparecencia, terá dez (10) días hábiles para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que considere procedentes.

Lugo, 13 de abril de 2023

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2022/39/27.

Persoa interesada: 44491228M.

Actos administrativos que se notifican:

– Resolución de establecemento urxente de medida administrativa, do 3 de marzo de 2023.

– Oficio de comunicación do inicio do trámite de audiencia, do 3 de marzo de 2023.