Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2023 Páx. 30113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 2 de maio de 2023, da Zona Centro, polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización dos departamentos con números 3, 4, 5, 8, 14 y 15 de usuarios no dominio público portuario de Pontedeume.

Ao quedar dispoñibles no porto de Pontedeume os departamentos nº 3, nº 4, nº 5, nº 8, nº 14 e nº 15 para usuarios, no dominio público portuario de Pontedeume, ábrese o prazo de convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do xoves 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar a súa solicitude, segundo o establecido no prego das bases da convocatoria, en todo caso, deberá acreditarse a data e hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A documentación deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica de acordo cos artigos 14.2 e 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 4/2019, de administración dixital de Galicia, empregando o modelo con código IF500B, regulado na Resolución do 17 de novembro de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do prazo establecido, e que, en caso contrario, non será admitida, e deberá emendar a súa presentación tomando como data de presentación a da emenda, co risco no caso de trámites sometidos a prazos preclusivos de que perdan o dereito ao trámite ou incluso o dereito ao seu favor, que, de ser o caso, poidan ter obtido, no marco do procedemento que se trate.

A Coruña, 2 de maio de 2023

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro